1 votos
1 visitas/día
5081 dias online

"a terra baléirase" - Poemas de Carmen Castejón Cabeceira ,poeta Galega



Poemas » carmen castejon cabeceira poeta galega » a terra baleirase




"a terra baléirase"
Poema publicado el 11 de Marzo de 2010

A terra baléirase

O sitio baléirase. Necesito
unha escusa, un pretexto,
pra inspirar sen culpabilidade.

Co racionamento do aire respirable
descender da luz
desatendendo as voces das runas
- un fervor compartido -
Máis dun milleiro de brazos superpostos
abrindo a saída.

Asistimos ubicuos á herdanza dos nosos arrebatos.

¿De que nos serviu estudar procedementos
encher as Sinagogas
e os templos do Tíbet
orar na Mesquita,
os colexios de curas
compartir a Xehová
saber de ecoloxismo
branquear nosas mans
pronunciar “nunca máis”
os baldes de cores
a doazón de órganos vitais
a música do Fado.?





















O Fado da terra?
De lonxe escóitoo.
E un abismo de nomes de Babel
- que non ecos de defunto -
dime desde arriba:

-¡Canta Fado!-
Como a morte que renace ao vento
desordenada en cordas,
nesa invitación
érguese esta voz
pra trobar o que aprendín en Lisboa
e aínda sento.


¿ Te gustó este poema? Compártelo:
Compartiendo el poema con tus amigos en facebook ayudas a la difusión de estas bellas creaciones poéticas y ayudas a dar a conocer a los poetas.




 Compartir
Redes sociales
Facebook Twitter Google Bookmark MySpace Fresqui Meneame